CIG-SAÚDE Monforte denuncia que no Hospital comarcal de Monforte levan máis de 15 días sen o portátil de RX

  • Monforte

A central sindical de CIG-SAÚDE no H. Público de Monforte quere denunciar que neste hospital levamos máis de 15 días sen o portátil de RX e o que iso supón.

En primeiro lugar non se poden facer as placas na zona COVID ao non haber portátil, co cal teñen que traer aos pacientes desde urxencias a RX e pasealos por diante dos outros pacientes que, por exemplo, están a espera de facer un TAC.

Segundo, tanto en urxencias como en planta, se hai que facer algún portátil urxente por algunha parada cardíaca, non se poderá facer.

Isto parécenos gravísimo xa que é unha proba imprescindible para o diagnóstico.

En terceiro lugar queremos dicir que todos estes problemas veñen derivados pola privatización de electromedicina.

Con esta privatización retiráronselle os contratos de mantemento ás empresas que os tiñan, agora estropeouse a procesadora de RX que é onde se revelan as placas, e a empresa Iberman que é a que se lle concedeu dita privatización non o arregla porque non saben, co cal habería que chamar á empresa oficial,que tampouco quere vir porque lle retiraron o contrato.

Debido a isto non se van poder facer telemetrías no hospital. Teran que facerse en Lugo ou na privada.

Quen paga as consecuencias desta privatización? Os pacientes do noso hospital lóxicamente.

A solución pasa por mercar un portátil dixital canto antes, como xa teñen noutros hospitáis, pero parece ser que para Monforte non hai cartos para poder mercalo. Nos últimos anos en Lugo mercaron 1 e en Ourense 2.

Nós ainda temos a préstamo para facer placas normais, uns chasis que substituiron aos vellos (que como denunciamos no seu momento, non valían porque saían raias que tapaban a imaxe) e que ainda non foron quen de mercar.

Dende CIG-SAÚDE pedimos que compren xa o portátil e que deixen de xogar así ca vida dos pacientes, non se pode ter un hospital nesta situación por tanto tempo.

Señor Director faga o seu traballo e dígalle en Lugo, que Monforte tamén existe, e que merquen un portátil á maior brevidade posíbel. É imprescindible.

Podes ver a noticia no Xornal de Lemos

Aquí no Diario de Lemos

  • Aquí podedes escoitar a entrevista en Onda Cero a partir do min 1:04:45

 

Vicente Vázquez Vázquez, delegado sindical de CIG-SAÚDE no H.Público de Monforte.

Monforte 20 de xuño de 2020

Volver