CIG-Saúde reclama o recoñecemento de oficio do grao inicial da carreira profesional
- Carreira profesional
- Sanidade Pública
O grao inicial non require avaliación de méritos. Por que temos que solicitalo?
CIG-Saúde vén de presentar unha proposta para que o SERGAS recoñeza automaticamente o grao inicial da carreira profesional, sen necesidade de solicitude.
A Administración xa dispón dos datos necesarios para comprobar os requisitos. Obrigar a presentar unha solicitude é un trámite innecesario que pode atrasar o acceso ao grao I.
QUE RECLAMAMOS?
- Recoñecemento automático do grao inicial desde a data en que se cumpran os requisitos.
- Cómputo da permanencia desde esa mesma data, sen depender de cando se presente ou resolva a solicitude.
- Para quen xa cumpre os requisitos e non ten o grao inicial recoñecido: que o SERGAS llo recoñeza de oficio, nun prazo máximo de tres meses, con efectos desde a data en que cumpriu os requisitos.
- Para quen xa ten recoñecido o grao inicial, pero o solicitou máis tarde: que se revise a data de efectos e se corrixa para que o tempo de permanencia conte desde que cumpriu os requisitos, e non desde que o solicitou.
Os graos I a IV seguirán sendo voluntarios e requirirán solicitude e avaliación.
CIG-SAÚDE ESIXE QUE NINGUNHA TRABALLADORA VEXA ATRASADA A SÚA PROGRESIÓN PROFESIONAL POR UN TRÁMITE INNECESARIO.