CIG-Saúde solicita para os orzamentos de 2026
Por unha sanidade pública digna. Por dereitos laborais xustos
Orzamentos 2026 da Sanidade Pública
O 2025 foi un ano en branco: mesas convocadas polo SERGAS, si, pero sen contido, sen propostas e sen negociación real. Un insulto para quen sostemos a sanidade pública e unha burla para toda a cidadanía.
Non podemos permitir outro ano perdido: Os Orzamentos 2026 teñen que poñer enriba da mesa solucións reais, con investimento e con derei-tos recoñecidos.
- Cumprimento do ACORDO DE XORNADA máxima de 35 HORAS semanais para todo o persoal estatutario.
- Recuperación dos 3 “LDs” pendentes.
- Negociación dunha NOVA clasificación profesional adaptada ao ámbito sanitario.
- Retribución íntegra nas PAGAS EXTRAORDINARIAS.
- XUBILACIÓN ANTICIPADA aos 60 anos, sen perda retributiva.
- EXENCIÓN DE NOITES a partir dos 55 anos, sen redución salarial.
- Mellores CADROS DE PERSOAL nos hospitais.
- PLAN DE ORDENACIÓN de Recursos Humanos en Atención Primaria.
- INTEGRACIÓN das/os FEAPs (Facultativas/os de Atención Primaria) como Médicas/os de Familia.
- Ampliación do PERMISO POR PARTO E POR ADOPCIÓN / ACOLLEMENTO ata as 25 semanas.
Novas Relacionadas
Actualmente non hai novas
Últimas novas