CIG-Saúde Vigo NON PARTICIPA NOS CRITERIOS DE INCORPORACIÓN DE OPE NOS CENTROS

Non participamos da decisión da Xerencia de como se farán as incorporacións de OPE, que lonxe de negocialo na xunta de persoal, impuxo o criterio que considerou segundo os seus intereses.

  • Vigo

Hoxe 17 de setembro de 2020 publícase no DOG a Resolución que finaliza o proceso de OPE das categorías de enfermeiro/a, auxiliar administrativo/a e celador/a, abrindo o prazo de toma de posesión.
 
CIG- Saúde Vigo púxose en contacto coa Dirección da área sanitaria de Vigo co fin de trasladar de defender a posibilidade de escolla de unidade entre os ocos que se puideran ofertar por parte de todos/as os/as profesionais  por orde de prelación no proceso de concurso oposición.
Este destino sempre sería provisional agardando a movilidade interna, a cal debería ter unha periocidade o máis curta posible.
A Dirección denegou esta posibilidade impoñendo o seu criterio alegando criterios asitenciais e unha próxima movilidade interna.

Volver