CIG-Saúde esixe un novo encadramento segundo os anos traballados
- Carreira profesional
- Sanidade Pública
CIG-Saúde presentamos unha proposta ao SERGAS para que cada traballadora teña recoñecido o grao de carreira profesional que lle corresponda polos anos traballados.
Que grao correspondería segundo a experiencia?
|
Colectivo profesional |
Grao I |
Grao II |
Grao III |
Grao IV |
|
Persoal licenciado sanitario |
5 anos |
10 anos |
15 anos |
22 anos |
|
Persoal diplomado/graduado sanitario |
5 anos |
11 anos |
17 anos |
24 anos |
|
Persoal sanitario de FP e de xestión e servizos |
5 anos |
11 anos |
17 anos |
24 anos |
Que propoñemos?
- Un procedemento extraordinario e voluntario durante 2027, para persoal fixo e temporal que cumpra os requisitos.
- Recoñecer o grao correspondente aos anos traballados, mediante unha adaptación do baremo de avaliación.
- Non esixir os períodos ordinarios de permanencia no grao anterior.
- Manter as convocatorias ordinarias de carreira profesional, sen prexudicar a progresión habitual.
- Cobrar o importe íntegro do grao recoñecido desde o 1 de xaneiro de 2028, aínda que a resolución se atrase.
CIG-SAÚDE ESIXE
Que o SERGAS negocie esta proposta para recoñecer a experiencia profesional acumulada e rematar coas desigualdades entre traballadoras.
CUMPRIR OS ANOS DE EXPERIENCIA E O BAREMO TEN QUE GARANTIR O AVANCE DE GRAO.