Complementos de quendas nocturnas e festivas durante baixas e permisos
O tribunal supremo recoñece o dereito de cobralos
- Sanidade Pública
RECLAMA O QUE É TEU!
Complementos de quendas nocturnas e festivas durante baixas e permisos
CAL É O PROBLEMA?
O persoal que presta servizo para o SERGAS en réxime de quendas, incluíndo noites e festivos, leva anos sen cobrar os complementos retributivos destas quendas cando está:
- en incapacidade temporal (baixa médica).
- en permisos retribuídos ou días de libre disposición.
Estes complementos forman parte da xornada ordinaria e deben considerarse retribución fixa e periódica. Non se poden suprimir durante eses períodos.
QUE DI O TRIBUNAL SUPREMO?
Unha sentenza recente recoñece:
- Dereito a cobrar estes complementos tamén durante as baixas e permisos.
- Reclamación das cantidades non pagadas nos últimos 4 anos, con xuros legais.
QUE PODES FACER?
Desde CIG-Saúde animámoste a:
- Presentar reclamación polas cantidades deixadas de percibir.
Non deixes pasar esta oportunidade: o prazo para reclamar é limitado aos últimos 4 anos.
Ponte en contacto coa túa sección sindical da CIG-Saúde para iniciar o proceso.
Novas Relacionadas
Últimas novas