Concurso de méritos: baremación definitiva e persoas aspirantes definitivamente seleccionadas
En diversas categorías de persoal estatutario de persoal sanitario de formación profesional
- Oposicións
- Sanidade Pública
En consecuencia, derivada da execución da dita sentenza, a última epígrafe da norma xeral segunda do anexo II da Resolución do 26 de decembro de 2022 (baremo de experiencia profesional):
«O exercicio de funcións en promoción interna temporal noutra categoría durante o tempo en que se realicen estas funcións computarase na categoría de orixe correspondente ao seu nomeamento orixinario».
Substitúese pola redacción que se contén na resolución xudicial:
«O exercicio de funcións en promoción interna temporal noutra categoría durante o tempo en que se realicen estas funcións computarase na categoría efectivamente desempeñada».
En aplicación da modificación anterior do baremo, efectúanse as oportunas correccións na puntuación definitiva asignada ás persoas aspirantes na epígrafe «Experiencia: 28 puntos» do anexo II da Resolución do 26 de decembro de 2022.
Baseándose no exposto no punto anterior, procede modificar a Resolución do 11 de decembro de 2024 (DOG núm. 243, do 18 de decembro) pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario de persoal sanitario de formación profesional, relativos á baremación definitiva e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as.
Publícase na páxina web do Servizo Galego de Saúde as puntuacións definitivas do proceso selectivo de estabilización convocado pola Resolución do 26 de decembro de 2022, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional, logo da modificación do baremo recollida no punto primeiro desta resolución para as categorías de:
• Técnico/a en farmacia.
• Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía.
• Técnico/a superior en dietética.
• Técnico/a superior en hixiene bucodental.
• Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico.
• Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico.
• Técnico/a superior en radioterapia.
Os/as aspirantes seleccionados/as que se relacionan no anexo desta resolución disporán do prazo de dez (10) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, para presentaren a seguinte documentación:
a) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.
No caso dos/das nacionais doutro Estado, non encontrarse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ter sido separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.
b) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que o/a imposibiliten para o exercicio das funcións propias da categoría.
c) Por exixencia do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia, certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e a indemnidade sexual ou, na súa falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.
Esta autorización deberá prestarse no modelo que para o efecto consta na páxina web do Servizo Galego de Saúde, na epígrafe relativa a emprego público www.sergas.es/emprego público.
d) Declaración xurada ou promesa de non ter a condición de persoal estatutario fixo da mesma especialidade a que opta.
e) Os/as aspirantes seleccionados/as que accederon pola quenda de persoas con discapacidade deberán achegar neste prazo, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para acceder pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola cal se lle recoñeceu a discapacidade, e que fose achegada dentro do prazo de presentación de solicitudes.
A documentación requirida nesta resolución deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberá dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde; Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.