Concurso de méritos de estabilización
Técnicos/as sanitarios/as afectados/as pola sentenza do Tribunal Supremo
- Mesa Sectorial
- Sanidade Pública
MESA SECTORIAL DO 10 DE XUÑO DE 2025
Concurso de méritos de estabilización
Técnicos/as sanitarios/as afectados/as pola sentenza do Tribunal Supremo
CIG-Saúde solicitamos ao SERGAS cando coñecemos a sentenza, a execución da mesma sen afectación a terceiros.
O SERGAS tal e como confirmou na mesa sectorial do día 3 de xuño, aplicarán a sentenza modificando a baremación, e polo tanto poderán decaer do concurso de méritos persoas que previamente estaban seleccionadas.
O SERGAS informa que neste mes de xuño publicarase a nova baremación e a nova relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas.