Concurso de méritos: médico/a de urxencias hospitalarias
Complexo hospitalario universitario de Ourense
- Oposicións
Convócase proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o ingreso como persoal estatutario fixo da categoría de médico/a de urxencias hospitalarias, dentro do colectivo de persoal estatutario sanitario de formación universitaria, de nivel licenciado ou graduado con título de especialista en Ciencias da Saúde (subgrupo A1).
As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán cubrir unha única solicitude de participación, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos/Concurso de Méritos), á cal se accederá seguindo as instrucións que se establecen no anexo IV, e que, logo de formalizada electronicamente, deberán asinar e presentar nos lugares e no prazo indicados nos puntos 5.2 e 5.3, respectivamente.
Prazo. As solicitudes de participación poderanse presentar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2026, ambos os dous días incluídos.