Concurso de méritos: nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo

Diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo ás persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional, convocado pola Resolución do 26 do decembro de 2022.

Para o ingreso nas seguintes categorías de persoal estatutario, convocado pola Resolución do 26 de decembro de 2022:

– Técnico/a en farmacia.

– Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía.

– Técnico/a superior en dietética.

– Técnico/a superior en hixiene bucodental.

– Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico.

– Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico.

– Técnico/a superior en radioterapia.

As persoas aspirantes nomeadas disporán do prazo dun (1) mes (do 7 de outubro ao 6 de novembro), para incorporarse á praza adxudicada. Para estes efectos, a toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión ao cal pertenza esta.

De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, as persoas aspirantes seleccionadas deberán realizar, con carácter obrigatorio, e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo no Diario Oficial de Galicia, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero que recolle o artigo 157 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.

Non terán que realizar esta actividade formativa as persoas aspirantes seleccionadas que a realizasen con anterioridade, conste rexistrada en Fides/expedient-e e fose debidamente validada.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

 

Volver