Concurso de méritos: nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo na categoría de pediatra de atención primaria

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo ás persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o ingreso na categoría de pediatra de atención primaria, convocado pola Resolución do 11 de maio de 2023.

Nomease como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde na categoría de pediatra de atención primaria ás persoas aspirantes que se inclúen no anexo I desta resolución.

Adxudicarlles á estas persoas aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza que figura no referido anexo I.

Declarase finalizado o proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o ingreso na categoría de pediatra de atención primaria, convocado pola Resolución do 11 de maio de 2023.

Este concurso de méritos tramitouse en execución da Lei 2/2022, do 6 de outubro, de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario, e a dita lei, como figura na súa parte expositiva, inclúe no seu artigo 2 unhas garantías para que o persoal seleccionado «se incorpore e permaneza varios anos no desempeño efectivo dos postos adxudicados».

Polo tanto, en cumprimento do que dispón ese artigo 2 e a convocatoria deste concurso de méritos:

Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (do 9 de setembro ao 8 de outubro), para incorporarse de modo efectivo e permanente ao servizo activo no destino elixido e adxudicado.

Posteriormente, poderán participar nos concursos de traslados da categoría de pediatra de atención primaria, ou nos sistemas de promoción interna ou provisión de prazas doutra categoría, cando cumpra os requisitos comúns deses procedementos e acrediten dous anos de permanencia na situación de servizo activo no centro elixido e adxudicado como destino nesta resolución.

Aqueles/as seleccionados/as neste proceso que tomen posesión como pediatra de atención primaria serán excluídos/as dos procesos de selección temporal nos que estea inscrito/a no Servizo Galego de Saúde.

Volver