Concurso de méritos: nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo para o acceso á condición de persoal estatutario fixo na categoría de enfermeira/o especialista en saúde mental

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo ás persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo na categoría de enfermeira/o especialista en saúde mental, convocado pola Resolución do 3 de xullo de 2023.

Nomear como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde na categoría de enfermeira/o especialista en saúde mental as persoas aspirantes que se inclúen no anexo desta resolución.

Adxudicarlles a estas persoas aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza que figura no referido anexo.

De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, as/os aspirantes seleccionadas/os deberán realizar, con carácter obrigatorio, e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación do correspondente nomeamento como funcionario/a de carreira no Diario Oficial de Galicia, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero que recolle o artigo 157 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Volver

An Error Occurred: Internal Server Error

Oops! An Error Occurred

The server returned a "500 Internal Server Error".

Something is broken. Please let us know what you were doing when this error occurred. We will fix it as soon as possible. Sorry for any inconvenience caused.