Concurso de méritos: nomeamento como persoal estatutario fixo e a adxudicación de destino definitivo para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se efectúan o nomeamento como persoal estatutario fixo e a adxudicación de destino definitivo das persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área, convocado pola Resolución do 11 de maio de 2023.

Coa finalidade de asegurar a cobertura das prazas convocadas neste proceso selectivo, e segundo o establecido na base 10.3 da resolución de convocatoria, realizouse a oferta das prazas que resultaron vacantes na categoría de facultativo/a especialista de área, nas especialidades de alergoloxía, análises clínicas, anestesioloxía e reanimación, cirurxía ortopédica e traumatoloxía, cirurxía xeral e do aparello dixestivo, medicina interna, obstetricia e xinecoloxía, pediatría e as súas áreas específicas, psicoloxía clínica, psiquiatría e radiodiagnóstico, ás persoas aspirantes incluídas inmediatamente a continuación pola orde de prelación que resultou da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso.

Declarar finalizado o proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área, convocado pola Resolución do 11 de maio de 2023.

Cuarto. Este concurso de méritos tramitouse en execución da Lei 2/2022, do 6 de outubro, de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario, e a dita lei, como figura na súa parte expositiva, inclúe no seu artigo 2 unhas garantías para que o persoal seleccionado «se incorpore e permaneza varios anos no desempeño efectivo dos postos adxudicados».

Polo tanto, en cumprimento do que dispón ese artigo 2 e a convocatoria deste concurso de méritos:

Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes (do 9 de setembro ao 8 de outubro), para incorporarse de modo efectivo e permanente ao servizo activo no destino elixido e adxudicado.

A falta de incorporación ao destino nesas condicións e prazo, sen causa xustificada, sobrevida á solicitude de participación no concurso, ou de forza maior, impedirá a perfección do nomeamento e a adquisición da condición de persoal estatutario fixo do/da aspirante, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións no proceso.

Posteriormente, poderán participar nos concursos de traslados na correspondente especialidade da categoría de facultativo/a especialista de área, ou nos sistemas de promoción interna ou provisión de prazas doutra categoría, cando cumpran os requisitos comúns deses procedementos e acrediten dous anos de permanencia na situación de servizo activo no centro elixido e adxudicado como destino nesta resolución.

Aquelas persoas aspirantes que tomen posesión como facultativo especialista de área na especialidade correspondente serán excluídas dos procesos de selección temporal en que estean inscritas no Servizo Galego de Saúde.

Volver