Concurso de méritos: persoas definitivamente seleccionadas e inicio do prazo de elección de destino
Para o ingreso en diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional
- Oposicións
- Sanidade Pública
Publícase, como anexo I desta resolución, a relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso nas categorías que se relacionan e segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, se deberá seguir para os efectos da adxudicación de destino:
• Técnico/a en farmacia.
• Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía.
• Técnico/a superior en dietética.
• Técnico/a superior en hixiene bucodental.
• Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico.
• Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico.
• Técnico/a superior en radioterapia.
Segundo o establecido na base 9.6, as prazas adxudicaranse entre as persoas aspirantes seleccionadas pola orde de puntuación acadada no concurso de méritos, segundo a orde de prelación de destino/s que efectuasen, que terá carácter vinculante e irrenunciable.
Apróbase a relación de prazas que se lles ofertan en cada unha das categorías ás persoas aspirantes seleccionadas no proceso, e que figura como anexo II desta resolución.
Abrese un prazo de dez (10) días hábiles (do 3 ao 16 de setembro), contados a partir do seguinte hábil ao desta publicación, para que todas as persoas aspirantes que figuran no anexo I seleccionen telematicamente, a través do sistema de información Fides/expedient-e, os destinos ofertados por orde de prelación entre a relación de prazas ofertadas.
De conformidade coa base 10.4 da convocatoria, co fin de asegurar a cobertura das prazas convocadas, no suposto de situacións en que as persoas seleccionadas, por diversos motivos, non continúen no proceso, cubrirase a baixa coa persoa aspirante incluída inmediatamente a continuación na relación de seleccionados, pola orde de prelación que resulte da lista definitiva con independencia da quenda de acceso.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.