Concurso de méritos: puntuacións definitivas de méritos do concurso ara o acceso á condición de persoal estatutario fixo na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias
- Oposicións
- Sanidade Pública
Publícase na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) o acordo do tribunal relativo ás puntuacións definitivas de méritos do concurso obtidas polas persoas aspirantes no proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias, convocado pola Resolución do 11 de maio de 2023.
Cada aspirante poderá consultar, ademais, o detalle da puntuación obtida nas distintas epígrafes do baremo, no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
Publícase, como anexo I desta resolución, a relación das persoas aspirantes seleccionadas neste proceso, segundo a orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso de conformidade co número de prazas convocadas e as persoas aspirantes seleccionadas.
As persoas aspirantes seleccionadas que se relacionan no anexo desta resolución dispoñerán do prazo de dez (10) días hábiles (do 9 ao 22 de setembro), para a presentación da seguinte documentación:
a) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.
b) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que o/a imposibiliten para o exercicio das funcións propias da categoría nas condicións da oferta de prazas que se detallan no anexo I da resolución do 25 de maio de 2023.
c) Por exixencia do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia, certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, na súa falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Novas Relacionadas
Últimas novas