Concurso de traslados aberto e permanente en FEAP: listado provisional de admitidos/as excluídos/as e oferta de prazas
- Concurso de traslados
Apróbase a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as no ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2024 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario na categoría de facultativo/a especialista de atención primaria.
Aprobar a oferta de destinos correspondente ao ciclo de adxudicación do ano 2024 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas na categoría de facultativo/a especialista de atención primaria.
Para ver a relación de prazas preme aquí.
Os/as profesionais que figuren na relación de participantes deste ciclo disporán dun prazo de quince días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen modificar a través de Fides/expedient-e, no seu formulario de participación, a selección de destinos efectuada, se así o desexan.
A adxudicación dun destino neste proceso de mobilidade voluntaria suporá a obriga para o/a profesional adxudicatario/a do cumprimento dos requisitos e das condicións do posto que se detallan na relación de prazas ofertadas, que se fai pública mediante esta resolución. En caso contrario, o/a profesional decaerá do dereito a obter ou, de ser o caso, manter tal destino con carácter definitivo.
Novas Relacionadas
Últimas novas