Concurso de traslados aberto e permanente: listado de admitidos/as e excluídos/as de varias categorías de FEAs
Publicado hoxe en DOG
- Concurso de traslados
Apróbase a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as no ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2024 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario para a categoría de facultativo/a especialista de área nas especialidades de:
- cirurxía oral e maxilofacial,
- cirurxía pediátrica,
- cirurxía plástica, estética e reparadora,
- inmunoloxía e
- oncoloxía radioterápica.
De conformidade coa base oitava da Resolución das bases do 20 de novembro de 2017, as persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a exclusión, mediante solicitude que deberán dirixir á unidade de validación á cal se dirixise a solicitude de participación no concurso.
As persoas que, tendo presentado debidamente a súa solicitude de participación para este ciclo, non consten como admitidas nin excluídas disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.
A estimación ou desestimación das emendas solicitadas entenderanse implícitas na resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se declaren con carácter definitivo os/as admitidos/as e excluídos/as e que fará públicas, así mesmo, as puntuacións e os destinos provisionalmente asignados.
Novas Relacionadas
Últimas novas