Concurso de traslados aberto e permanente: oferta de destinos das categorías de persoal sanitario e de xestión e servizos
- Concurso de traslados
- Sanidade Pública
Aprobar a oferta de destinos correspondente ao ciclo de adxudicación do ano 2025 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas no resto de categorías de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos, de acordo co previsto na Resolución do 17 de xuño de 2025 desta Dirección Xeral de Recursos Humanos.
Para o cómputo de prazas que se ofertan neste ciclo anual de adxudicación para todas as categorías de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos, excepto médico/a de atención primaria e facultativo/a especialista de atención primaria, tomouse como data de fin o 11 de xullo de 2025.
Os/as profesionais que figuren na relación de participantes deste ciclo, salvo nas categorías de médico/a de familia de atención primaria e facultativo/a especialista de atención primaria, disporán dun prazo de quince días naturais (do 5 ao 19 de setembro), contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen modificar, a través de Fides/expedient-e, no seu formulario de participación, a selección de destinos efectuada, se así o desexan.
As modificacións que se realicen na selección de destinos deberanse presentar por rexistro electrónico e non requirirán a entrega de ningunha documentación. Terase en conta a última modificación presentada por rexistro electrónico dentro do prazo indicado.
Aquí podes consultar todo aquí.
Novas Relacionadas
Últimas novas