Concurso de traslados aberto e permanente SERGAS: convocatoria 2026

Oferta de destinos e prazo de modificación de solicitudes

  • Concurso de traslados

Servizo Galego de Saúde

Os/as profesionais que consten na relación de participantes deste ciclo disporán dun prazo de quince (15) días naturais, ( do 25 de agosto ó 8 de setembro) contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen modificar, a través de Fides/Expedient-e, no seu formulario de participación, a selección de destinos efectuada, se así o desexan.

As modificacións que se realicen na selección de destinos deberanse presentar por rexistro electrónico e non requirirán a entrega de ningunha documentación. Terase en conta a última modificación presentada por rexistro electrónico dentro do prazo indicado.

De igual forma, as persoas aspirantes que, resultando admitidas con carácter provisional neste proceso, non seleccionaran na instancia de participación ningún destino disporán do prazo de quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución, para efectuaren a través de Fides/Expedient-e, mediante o oportuno rexistro electrónico, a selección de destinos que consideren.

Volver