Concurso específico para o ingreso na categoría estatutaria de médico/a de hospitalización a domicilio

Resolución definitiva e toma de posesión

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

Declarar finalizado o concurso específico para o ingreso na categoría estatutaria de persoal médico/a de hospitalización a domicilio, convocado pola Resolución desta Dirección Xeral de Recursos Humanos do 22 de decembro de 2025.

Nomear como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde as persoas aspirantes seleccionadas que se inclúen no anexo desta resolución, na categoría de persoal médico de hospitalización a domicilio.

Adxudicarlles ás devanditas persoas aspirantes a praza correspondente que figura no indicado anexo.
Cuarto. De conformidade co previsto na base 5.1 da Resolución do 22 de decembro de 2025, o nomeamento terá efecto o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As persoas aspirantes seleccionadas poderán solicitar o pase á situación de excedencia por prestación de servizos no sector público na categoría de orixe.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición, ante esta Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir da mesma data.

Volver