Concurso- oposición enfermeiro/a
      Publicado hoxe en DOG ampliación do nº de prazas e reapertura do prazo de solicitudes
  
  
  
    
Reabrir o prazo de solicitude desde o día 9 de xaneiro de 2023 ata o 27 de xaneiro de 2023, ambos os días incluídos, para a presentación de solicitudes de participación neste proceso.
As persoas aspirantes que presentaron a solicitude de participación neste proceso no prazo de inscrición comprendido entre o 25 de marzo de 2022 e o 15 de xullo de 2022 non terán que presentar nova instancia de participación nin achegar ningunha documentación.
Aquelas persoas aspirantes que presentaron a solicitude de participación neste proceso no prazo de inscrición comprendido entre o 25 de marzo de 2022 e o 15 de xullo de 2022 e desexen modificar a quenda de acceso poderán efectualo.

| Categoría | Subgrupo | Acceso libre | Promoción interna | Reserva discapacidade | Total | Titulación | 
| Enfermeiro/a | A2 | 1.135 | 332 | 89 | 1.556 | Título universitario oficial de grao en Enfermaría, diplomatura universitaria de Enfermaría ou equivalente | 
Novas Relacionadas
Actualmente non hai novas
Últimas novas
 
			 
			 
       
       
       
       
       
      