Convenio das fundacións de investigación biomédica máis dun ano negociando. Xa abonda!
A Administración presenta unha proposta salarial insuficiente e incompleta, que nin sequera inclúe todas as categorías profesionais.
- Institutos investigación
- Sanidade Pública
A Administración presentou na última reunión unha proposta salarial insuficiente e incompleta, que nin sequera inclúe a nova proposta de clasificación profesional.
Para os salarios, propón unha suposta «aproximación» a outros ámbitos do sector público, con incrementos repartidos en cinco anos, ata 2031
NON ACEPTAMOS «APROXIMACIÓNS»! ESIXIMOS EQUIPARACIÓN SALARIAL REAL CO SERGAS, TANTO NAS CANTIDADES COMO NOS PRAZOS.
Carreira Profesional: pretenden que non empecemos a cobrala ata 2032.
Trienios: seguen sen concretar cando nin en que condicións se cobrarán.
Clasificación Profesional: a proposta da Administración elimina requisitos de titulación e deixa postos sen definir.
O 26 DE NOVEMBRO, DATA LÍMITE PARA PECHAR A CLASIFICACIÓN PROFESIONAL.!!!
Esiximos que todas as categorías estean recollidas, coas súas funcións claramente definidas e os requisitos de titulación garantidos.
ESTAMOS NA RECTA FINAL, XOGÁMONOS MOITO!
Levamos máis dun ano negociando. A Administración sabe perfectamente o que reclamamos e chegou o momento de obter respostas.
Non podemos aceptar que o persoal altamente cualificado das fundacións continúe cunhas condicións laborais e salariais que non recoñecen o seu traballo.
OU HAI AVANCES, OU HABERÁ MOBILIZACIÓNS!!