Convocatoria carreira profesional ano 2020

Prazo de solicitudes do 1 de decembro de 2020 ao 4 de xaneiro de 2021

  • Carreira profesional
  • Sanidade Pública

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca o procedemento de acceso aos graos I a IV de carreira profesional correspondente á convocatoria do ano 2020.

Prazo de presentación de solicitudes: do 01/12/2020 ao 04/01/2021

A solicitude irá dirixida á Área sanitaria na que a persoa solicitante teña a praza.

A solicitude presentarase por rexistro electrónico e será necesario certificado dixital válido.

Valoraranse as actividades realizadas entre o 1 de xaneiro de 2015 e o día inmediatamente anterior ao da publicación desta convocatoria no DOG. Estas actividades terán que figurar rexistradas no FIDES antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Non se lle esixirá o requisito de permanencia, ao persoal estatutario fixo do SERGAS antes do 31 de decembro de 2011. Condición: permanecer en situación de servizo activo dende o recoñecemento do grao anterior.

 

Volver