Convocatoria concurso-oposición para o ingreso na categoría de enxeñeiro/a técnico/a.
Concurso-oposición, na categoría de enxeñeiro/a técnico/a.
- Oposicións
Formulario de inscrición:
As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán cubrir unha única solicitude de participación, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos/OPE), á cal se accederá seguindo as instrucións que se establecen no anexo VI, e que logo de formalizada electronicamente deberán imprimir, asinar e presentar nos lugares e prazo indicados nos puntos 5.2 e 5.3, respectivamente.
Lugar de presentación.
As solicitudes de participación no concurso-oposición dirixiranse a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición e poderán presentarse por rexistro electrónico, de forma presencial no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Para o rexistro electrónico da solicitude requirirase dun certificado dixital válido: FNMT, DNI electrónico ou Camerfirma.
As solicitudes subscritas no estranxeiro poderanse cursar, no prazo expresado no número tres desta base, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que as remitirán seguidamente ao organismo competente.
Prazo de presentación.
As solicitudes de participación poderanse presentar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 4 de setembro de 2026, ambos os dous días incluídos. ( Dende o 05/08/2026 o 04/09/2026)
Novas Relacionadas