Convocatoria do acto de elección de destino polo concurso de méritos de facultativo/a especialista en atención primaria

Terá lugar o 29 de setembro pola tarde

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

Publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no proceso selectivo, polo sistema de concurso, á condición de persoal estatutario fixo da categoría de facultativo/a especialista de atención primaria, e se convoca para o acto de elección de destino.

1.- En aplicación das bases da convocatoria, publican a relación de aspirantes excluídos/as do proceso selectivo.

2.- Publican a nova relación actualizada de aspirantes definitivamente seleccionados/as no proceso selectivo.

3.- A relación de prazas ofertadas é a publicada a 27 de abril de 2022.

4.- A non incorporación ao servizo activo no destino adxudicado e no prazo establecido, sen causa xustificada, sobrevida á solicitude de participación no concurso, ou de forza maior, impedirá a perfección do nomeamento e a adquisición da condición de persoal estatutario fixo do/da aspirante.

5.- Acto de elección de destino: o día 29 de setembro de 2022, ás 16.00 horas, no salón de actos da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

- Os/as aspirantes de reserva convócanse para o mesmo día e no mesmo lugar,  ás 17.30 horas.

6.- Procedemento:

  • A persoa acudirá co documento nacional de identidade ou outro documento que acredite de modo fidedigno a súa identidade.
  • A solicitude que fagan será vinculante e irrenunciable.
  • Os/as aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados/as por terceiras persoas provistas de poder suficiente.
  • O/a aspirante seleccionado/a que non opte por un destino, na data e de acordo co procedemento establecido, non poderá ser nomeado/a como persoal estatutario fixo desta categoría.
  • Non se permitirá a presenza de persoas que acompañen o/a aspirante no acto de elección.

Volver