CONVOCATORIA MGSM. Nin manicomio nin intemperie: un fogar. Por unha vivenda digna, accesible e suficiente.

  • Sanidade Pública

O vindeiro sábado, 18 de outubro, no marco da X Xornada do Movemento Galego da Saúde Mental, ás 13.30 na Praza de Cervantes en Santiago de Compostela, realizaremos un acto simbólico coa finalidade de denunciar e sensibilizar respecto á situación na que se atopan moitas persoas que non poden acceder a unha vivenda digna, a ter un fogar no que vivir. E entre elas destacan como especialmente afectadas persoas con diagnóstico psiquiátrico.

Denuncia, sensibilización e solidariedade, esa é a finalidade dun acto de rúa que consistirá en ocupar a praza con persoas deitadas sobre cartóns ou leitos de oportunidade, que creen a imaxe que represente a gravidade da situación.

Temos previsto dispor dos medios para realizar ese acto, pero non estará de mais que quen poida traia mantas, chuvasqueiros ou paraugas para utilizalos a modo de cobertores.

Necesitamos a maior participación posible para ocupar ese espazo.

É por iso que animamos a tódalas persoas a que ese día, a esa hora, veñan á Praza de Cervantes.

Praza de Cervantes

18 de outubro, ás 13.30

Acto simbólico solidario e reivindicativo

Ao raso por unha vivenda digna, por un fogar

Volver