Cotizacións durante as prácticas formativas e académicas nas titulacións universitarias e de formación profesional.

  • Sanidade Pública

Quen pode reclamar?

Alumnos/as universitarios de títulos oficiais, master de formación permanente, diploma de especialización
ou diploma de experto.

Alumnos/as de formación profesional, excepto formación profesional intensiva.

Que prácticas se teñen en conta?

As prácticas non remuneradas realizadas con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2024.

As prácticas remuneradas realizadas con anterioridade ao 1 de novembro de 2011.

Como reclamar esas cotizacións?

As persoas terán que subscribir por unha única vez un convenio especial coa Tesourería Xeral da Seguridade Social.

O período máximo que se pode computar é de 1.825 días (5 anos).

  1. Acreditar a realización de prácticas formativas ou académicas que non foron cotizadas na Seguridade Social.

- Certificado expedido pola Universidade ou centro educativo no que se cursaron os estudios, onde conste se as prácticas foron remuneradas ou non.

  • Remuneradas: constarán os períodos de realización das prácticas, indicando data de inicio e de fin de cada período.
  • Non remuneradas: constarán data de inicio e fin dos períodos de prácticas, indicando nº de días de prácticas ou nº de horas de prácticas computables.

2. Solicitar a subscrición do convenio especial ata o 31 de decembro de 2028, a través do Rexistro electrónico da Seguridade Social.

Para que computan estas cotizacións?

- Para as prestacións de Xubilación e de Incapacidade permanente, morte e supervivencia.

Quen abona esas cotizacións?

A persoa que reclama:

  • Mediante un pago único.
  • Ou, pago fraccionado mensual ata un máximo de 84 mensualidades.

Para máis información diríxete aos locais de CIG-Saúde do teu distrito

Volver