Día 13:Temos do noso lado a razón e venceremos nós na defensa dos pacientes da Mariña

  • Burela

A Mariña é dende hai xa anos un dos epicentros das mobilizacións na defensa da sanidade pública, moi especialmente ao fío da reforma sanitaria do ano 2018, pero tamén para advertir de eivas cotiás como as carencias no hospital.

En canto á Atención Hospitalaria, volven reclamar “a recuperación da área sanitaria roubada”, así como dotación de “placas dentais, electromiogramas, densitometrías óseas, electroencefalogramas, consulta de cirurxía vascular” ou a recuperación da implantación de marcapasos. Tamén rematar coas longas listas de agarda e coas derivacións innecesarias a Lugo para probas diagnósticas, ingresos ou cirurxías.

A alarmante fuga de persoal facultativo no Hospital da Mariña a causa da inasumíbel carga de traballo á que se ve sometido.

Isto é provocado, apuntan, polo progresivo desaxuste entre a demanda asistencial e a dotación de persoal, que chega a dobrar e mesmo a triplicar os estándares recomendados pola sociedades científicas.

“As condicións son tan penosas e estresantes que logo dun curto tempo traballando séntense sobrepasados e buscan outros postos de traballo onde poidan desenvolverse coma profesionais, sentirse realizados, e escapar do sentimento de frustración que lles provoca traballar no Hospital da Mariña”, sinalan.

As consecuencias das decisións da Dirección do Hospital da Mariña, advirten, é que as/os profesionais non poden cubrir as necesidades básicas. "O nivel de tensión dispárese. E nestas circunstancias ponse a proba a capacidade de resistencia psicolóxica da persoa implicada”, alertan. De feito, os expertos/as advirten do perigo de vivir sometido/a a niveis elevados de tensións, pero, sobre todo, do perigo de que esta situación perdure no tempo.

“É evidente a relación que existe entre a tensión intensa e duradeira no tempo con problemas diversos de saúde, tanto físicos como mentais, tales como dificultades para durmir, irritabilidade, ansiedade, depresión, dermatite, problemas dixestivos, cardíacos, etc.”, explican desde a Xunta de Persoal.

Todo o anterior remata na fuxida do hospital ao non poder atender ben aos pacientes ou en baixas psicolóxicas derivadas da sobrecarga de traballo que ao non ser tampouco cubertas xeran unha situación na que menos profesionais teñen que asumir toda a carga de traballo entrando deste xeito nunha espiral sen saída.

A situación actual de "alerta vermella" no Hospital da Mariña supón un novo ataque contra a sanidade da comarca convertendo aos mariñaos e mariñás en cidadás de segunda, e voltamos preguntar se estes son os máis e mellores servizos prometidos pola Consellería de Sanidade para o Hospital da Mariña e onde están os médicos que ían vir dende Lugo ao tempo que, esixen a cobertura de tódalas prazas nas especialidades médicas para garantir unha atención sanitaria de calidade e de proximidade, concluén.

Volver