Esiximos a inmediata publicación das listaxes de selección temporal do persoal facultativo do SERGAS

Mesa sectorial do 8 de maio de 2020

  • AgMédica
  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

Con data 18 de decembro de 2018, publícase no DOG o pacto de selección temporal de FEAs.

Con data 23 de abril de 2019, iníciase o prazo de inscrición nas listaxes de selección temporal.

Transcorrido máis de un ano do inicio do proceso, o SERGAS segue sen publicar as listaxes provisionais destas categorías. Este mes remata a súa especialidade o persoal facultativo de nova incorporación, sen que os e as profesionais que se inscribiron no 2019 teñan as listaxes en funcionamento.

POR QUE É TAN IMPORTANTE A PUBLICACIÓN DESTAS LISTAXES?

• Para que exista transparencia na contratación.
• Para que se oferten os contratos a través dunha lista confeccionada cos méritos que cada persoa achega. Principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade.
• Para que poidamos comprobar que os contratos se ofertan pola orde de prelación nas listas, e non por amiguísimo, ou outros méritos, que é a sospeita do que acontece, cando non hai transparencia.

Coa publicación das listas de selección temporal de FEAS de hospital non se remata coa precariedade laboral que sufre este colectivo, ao igual que o sufre o resto do persoal do SERGAS.

QUE MEDIDAS TEN QUE TOMAR O SERGAS PARA ELIMINAR A PRECARIEDADE LABORAL?

• Rematar coa taxa de reposición que ven aplicando inxustamente desde o ano 2010.
• Convocar o 100% das prazas vacantes na próxima oferta de emprego.
• Cubrir as vacantes que se produzan con vínculo de interino, e non cubrilas con acumulacións de tarefas de forma reiterada.
• Contratar polo principio de causalidade, é dicir, contratar pola causa que motivou o contrato.

É necesaria unha política de persoal que elimine a precariedade laboral, que dea estabilidade aos equipos de traballo e que permita ás persoas ter un proxecto de vida estable.

É un dereito das/os traballadoras/es, e debería ser o obxectivo principal dunha administración responsable.

Esiximos non seguir demorando a publicación das listaxes de contratación FEAs e a súa entrada en vigor.

Ver documento

Volver