FUTURO PARA A MARIÑA, FUTURO PARA A SANIDADE

  • Burela

Burela a 17 de xuño de 2020.

Alcoa anunciou este mércores a través dun comunicado de prensa a súa intención de iniciar o 25 de xuño un proceso formal de consultas para un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) ou despedimento colectivo nas súas instalacións de aluminio en San Cibrao.

O ERE suporía polo menos a perda de 534 da planta de aluminio, aínda que o recorte produtivo tamén afectaría a uns. 400 empregos máis nas empresas auxiliares

O vindeiro luns CIG Saúde A Mariña apoiará e participará na mobilización "Futuro para A Mariña" en Burela, con saída ás oito da tarde do Hospital da Mariña.

A Mariña é dende hai xa anos un dos epicentros das mobilizacións na defensa da sanidade pública, moi especialmente ao fío da reforma sanitaria do ano 2018, pero tamén para advertir de eivas cotiás como a falta de pediatras ou carencias no hospital.

“Na Mariña nos rendemos nin nos resignamos”, afirman, "e advertimos de que a cidadanía volve manifestarse para denunciar a deterioración constante que sofre a sanidade na comarca e para preguntarlle a quen dirixe a nosa sanidade onde están os máis e mellores servizos prometidos”.

Na Atención Primaria demandan a “creación de prazas de persoal de todas as categorías profesionais en xornada ordinaria e a redución de cupos”, a dotación de pediatra en todos os centros de saúde, o “incremento” dos profesionais de apoio, que se cubran o 100% das ausencias ou que haxa “dúas equipas completas de enfermaría-médica en todos os PAC” e que estes sexan dotados de material.

En canto á Atención Hospitalaria, volveran reclamar“a recuperación da área sanitaria roubada”, así como dotación de “resonancia nuclear magnética fixa, placas dentais, electromiogramas, densitometrías óseas, electroencefalogramas, consulta de cirurxía vascular” ou a recuperación da implantación de marcapasos.

Tamén exixen a derrogación” da reforma da Lei de Saúde porque queren que A Mariña “sexa unha área sanitaria propia”, como a de Ferrolterra que, lembran, ten “similar número de habitantes” pero nin sequera tanta distancia como a que na comarca teñen ata o Hospital de Lugo.

“Temos do noso lado a razón e venceremos nós; agora, aquí e sempre na defensa da sanidade pública, da industria, do emprego e do futuro da Mariña, e facemos un chamamento ao cadro de persoal do Hospital e Centros de saúde a saír á rúa e erguer a voz para frear esta sangría económica, laboral, sanitaria  e social ”, conclúen.

Volver