Gardas localizadas do día 28 de abril
- Sanidade Pública
CIG-Saúde tivemos coñecemento que, debido á desconexión que afectou á rede eléctrica e ás telecomunicacións producido o pasado luns 28 de abril, nalgunhas xerencias tomouse a decisión de que o persoal sanitario de garda localizada estivera presente no centro durante a garda, debido ás graves dificultades técnicas que había para contactar con este persoal.
Estas persoas tiveron que manterse no centro de traballo durante toda a garda igual que nunha garda de presenza física.
Por esta razón, CIG-Saúde solicitamos que, dende a Dirección xeral de RRHH, se indique ás xerencias que:
1.- se abonen esas horas como garda de presenza física,
2.- se concedan as libranzas de garda correspondentes.