Información da Comisión central de contratacións

Reunión de 24 de xullo de 2020

  • Selección Temporal

INFORMACIÓN DA CONTRATACIÓN COVID-19

CIG-SAÚDE solicitou á Dirección de RRHH do SERGAS que se incluíse na orde do día o tema da Contratación no COVID-19 a partires do mes de agosto.

A Administración non o considerou un tema importante e tratouse no apartado de rogos e preguntas.

Desde CIG-SAÚDE exiximos coñecer que vai pasar cos contratos a partir do 31 de agosto. Consideramos que ante un posible rebrote, debera de negociarse na Mesa Sectorial un plan de continxencias que recollese as necesidades de persoal, ratios de persoal nas unidades COVID, medidas de conciliación laboral e familiar dos/as traballadores/as do SERGAS, e que se teña en conta a renovación dos contratos do persoal en situación de IT.

A Administración contesta que a partires do 31 de agosto, toda a contratación volve ao funcionamento normalizado do pacto de selección temporal. No caso dos FEAS con contrato ata 31/12/2020, din que é moi cedo para falar de que vai pasar a partires desa data. Para a administración o plan de continxencias consiste en ter publicadas as listas definitivas en setembro.

CIG-SAÚDE denunciamos a situación que se está a dar polo cómputo dos contratos COVID, posto que no LICOT non se están a contabilizar eses contratos para o cálculo dos 180 días de acúmulos de tarefas. A Administración quedou en revisalo.

Para CIG-Saúde isto se tería resolto se se negociase unha nova orde de vínculos que elimínase toda esta contratación en acúmulos de tarefas.

CIG-INFORMA

INFORMACIÓN LISTAS ENFERMEIRO/A ESPECIALISTA EN ENFERMERÍA FAMILIAR E COMUNITARIA

Logo de máis de 3 anos de creación da categoría de enfermeiro/a especialista e despois de solicitar en varias reunións que era necesario negociar como incorporar os/as enfermeiros/as especialistas dentro do sistema de vinculacións temporais, o SERGAS nos presenta unha proposta que só recolle aspectos de flexibilización das normas do pacto, pero deixa fóra todo o referente a que tipo de contratos se ofertarán a esta categoría.

Para CIG-Saúde é un insulto a forma en que están tratando este tema, demorando ata a seguinte reunión unha posible resolución do tema, abrindo un prazo de alegacións para que volvamos a enviar as alegacións que xa enviamos reiteradamente, para que cumpran o que levamos moito tempo reclamando.

Para CIG-Saúde tiña que terse pechada toda a negociación na comisión de hoxe pero a administración non fai mais que buscar voltas e enredos para non pronunciarse sobre esta cuestión.

Exiximos unha resolución xa para os/as enfermeiros/as especialistas en enfermería familiar e comunitaria.

CIG INFORMA

Volver