Información da Comisión Central de contratacións do 20 de maio de 2025
- Sanidade Pública
- Selección Temporal
1.- Aplicación da excepcionalidade do punto II.1.2. do Pacto para categorías con indispoñibilidade de aspirantes.
O SERGAS propón suprimir do requisito do ano de permanencia no acceso á promoción profesional temporal nas categorías de:
- Enfermeiro/a
- Enfermeiro/a especialista en medicina do traballo
- Enfermeiro/a especialista en enfermería familiar e comunitaria
- Enfermeiro/a especialista en enfermería pediátrica
- Enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía
- Enfermeiro/a especialista en saúde mental
CIG- Saúde solicitamos que se suprima o requisito de permanencia de un ano a todas as categorías e non so
a estas.
O SERGAS di que o ven ben de cara á negociación do novo pacto pero que a día de hoxe non.
A proposta trasladarase á Mesa Sectorial para a súa aprobación.
2.-Modificación excepcional da data de valoración de requisitos e méritos das listas de persoal licenciado sanitario de atención hospitalaria.
Acórdase que na actualización de listas de persoal licenciado sanitario de atención hospitalaria de 2026 teranse en conta as inscricións rexistradas ata o 31 de outubro de 2025 e os méritos causados ata o 15 de outubro de 2025, xa que hai un colectivo de residentes que por mor da pandemia covid-19 rematan a súa formación en setembro.
3.-Rogos e preguntas.
- CIG roga esclarecer a que comisión periférica se envían as irregularidades nos chamamentos das entidades adscritas á Consellería de Sanidade.
O SERGAS aclara que será na comisión periférica que corresponda co distrito dende onde se efectúa o chamamento.
- CIG solicita que nos contratos de substitución nominal non se cese á persoa substituta ata a incorporación efectiva da persoa titular.
- CIG denuncia que hai áreas onde se está penalizando a aspirantes sen notificarllo por escrito e sen dar conta nas comisións periféricas.
- CIG solicita de novo un PROTOCOLO de xestión de chamamentos para os contratos administrativos.
Denuncia o mal uso dos mesmos, que está levando incluso ás mulleres embarazadas á perda de prestacións do INSS.
- CIG roga que se respecte o acordo desta comisión de contratacións en que os contratos laborais da fundación Medicina Xenómica que se ofertan nas categorías do grupo auxiliar da función administrativa e na de enfermeiro/a son de aceptación voluntaria e polo tanto tampouco se pode penalizar as persoas aspirantes cando estas renuncian a un contrato. Quedaron en revisalo.
Novas Relacionadas
Últimas novas