Información da comisión técnica de OPE do 20 de xullo
Previsións OPE e listas de contratacións
- Mesa Sectorial
- Oposicións
- Sanidade Pública
- Selección Temporal
Convocatoria de concurso-oposición da categoría de enxeñeiro/a técnico/a.
Queda aprobada a convocatoria para a súa publicación en próximas datas no DOG, co voto en contra de CIG-Saúde.
Oferta de emprego público de postos de difícil cobertura para a categoría de médico/a de urxencias hospitalarias do CHUO.
Queda aprobada a oferta de emprego de 25 prazas de persoal médico de urxencias hospitalarias no CHUO, para a súa publicación en próximas datas no DOG.
Remitirán proximamente o borrador de convocatoria de concurso de méritos de difícil cobertura para estas prazas. O SERGAS indica que teñen intención de publicala a primeiros de agosto.
Acto de elección e toma de posesión das categorías pendentes.
O SERGAS informa de que as categorías que ían elixir destino neste mes de xullo esperan poder convocar o acto de elección a partir da semana que vén.
Isto implica que as tomas de posesión destas categorías se retrasarían ata o 7 de setembro, excepto Técnico/a superior en laboratorio para o diagnóstico clínico que será en outubro.
Segue retrasada sen data a convocatoria do acto de elección da categoría de Grupo auxiliar da función administrativa da quenda de discapacidade intelectual.
Outras previsións:
Neste ano 2026 informan de que os exames de oposición serán na segunda quincena de outubro e dous fins de semana de novembro, excepto a última semana dese mes.
Confirman que terán exame nesas datas as seguintes categorías:
- TCAE
- TCAE QDI
- TEF
- TEF QDI
- TSID
- Celador/a
- Celador/a QDI
- Grupo auxiliar da función administrativa (non QDI)
- Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información
- Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información
- Técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información
- Fisioterapeuta
- Traballador/a social
Informan tamén de que poderían incluírse nesas datas outras categorías que teñen publicado o tribunal:
- Calefactor/a
- Condutor/a
- Dietista-nutricionista
- Electricista
- Farmacéutico/a de atención primaria
- Fontaneiro/a
- Logopeda
- Mecánico/a
- Médico/a asistencial do 061
- Médico/a de admisión e documentación clínica
- Médico/a xeral de ADOS
- Terapeuta ocupacional
- Odontólogo/a de atención primaria
O SERGAS informa que os tribunais das categorías que teñen pendente a publicación da plantilla definitiva do exame de oposición, non se reunirán ata despois do verán.
O SERGAS informa de que a finais de xullo-primeiros de agosto publicarán a Resolución definitiva do concurso específico de médico/a de HADO.
O SERGAS recoñece o retraso na publicación das listas de contratacións, e esperan publicar as listas que estaban previstas para este mes de xullo, a partir da semana que vén.