Información da Mesa Sectorial do 10 de febreiro de 2026
- Mesa Sectorial
- Sanidade Pública
Concurso específico de Enfermería especialista en familiar e comunitaria.
Presentan un borrador de convocatoria para alegacións ata finais de febreiro.
Na proposta inicial que fai o SERGAS só se inclúen 20 prazas en toda Galicia.
Teñen intención de que a convocatoria se publique no mes de marzo.
CIG-Saúde valoramos que é unha oferta de prazas totalmente insuficiente e faremos as alegacións oportunas.
Concurso de traslados aberto e permanente: proposta de modificación das bases.
O SERGAS presenta unha proposta de cambio das bases do CTAP, modificando a data de corte do 15 de xaneiro para o 15 de febreiro. Temos ata finais de febreiro para enviar alegacións.
CIG-Saúde solicitamos que se regule a participación no CTAP do persoal fixo que accedeu pola quenda de discapacidade intelectual.
CIG-Saúde manifestamos que a modificación que propoñen de poder modificar a data para o cómputo das prazas, tal e como xa se fixo no ano 2025, crea malestar e desconfianza no proceso.
CIG-Saúde solicitamos retirar o ano de permanencia para participar no CTAP.
Convocatoria de contratos temporais de Embriólogos/as.
O SERGAS informa que logo de revisar as alegacións, van manter a convocatoria remitida na reunión anterior no mes de outubro de 2025.
Estes postos van ser de xestión e servizos, non van ser sanitarios. As retribucións serán as mesmas que a categoría de Técnico/a de saúde.
CIG-Saúde solicitamos a creación da categoría, e tamén a apertura das correspondentes listas de contratacións. O SERGAS indica que están pendentes de que fai o Ministerio con esta titulación.
Outros temas
CIG-Saúde preguntamos polas prazas de Psicólogo/a clínico de Atención primaria. O SERGAS négase a darnos información e indica que esa información nola ten que dar Asistencia sanitaria na vindeira mesa sectorial.
O SERGAS informa de que esta semana enviarán o borrador da convocatoria de OPE da categoría de enxeñeiro/a biomédico/a. A intención é ter a comisión técnica de OPE a finais de mes.