Información da Mesa Sectorial do 12 de xullo de 2025
- Mesa Sectorial
- Sanidade Pública
Modificación da Lei de Saúde de Galicia
Dan por finalizada a fase de negociación coas OOSS.
Desde CIG-Saúde manifestamos o noso desacordo con varias partes do articulado:
- En canto á violencia no entorno sanitario a lei centrase mais en medidas punitivas, que preventivas e de análise das causas e factores que levan a unha agresión.
- Queda sen establecer un protocolo claro de coordinación entre as diferentes empresas que prestan asistencia no entorno sanitario.
- A formación non está dirixida a tódalas persoas que traballan na sanidade.
- Modifican o rexistro pero queda aberto a un desenvolvemento posterior, co que non hai garantía de rematar co infrarexistro actual.
Presentación do Centro Galego para o Control e Prevención das Enfermidades (Cegace)
Este centro está creado desde o ano 2022, actúa en 3 aspectos: detección precoz de enfermidades (programas de cribado), servizo de vixilancia epidemiolóxica e servizo de control e prevención de enfermidades.
En canto a RRHH a día de hoxe forman parte persoal funcionario da lei 17 e persoal estatutario en orde de servizos.
Agora crean 11 prazas de persoal estatutario:
- 6 FEAs en medicina preventiva e saúde pública
- 5 enfermeiras/os
CIG-Saúde solicitamos que a cobertura destas prazas sexa transparente e regrada.
Quedan en traer a unha futura reunión a selección, provisión e réxime retributivo destas prazas.
Terceiro programa temporal para a transición xeracional do persoal facultativo
Traen un novo programa pero sen especificar as prazas que se van a ofertar, estas serán enviadas nestes días.
CIG-Saúde manifestamos, de novo, o noso desacordo con este programa e procederemos a presentar a demanda correspondente igual que fixemos cos programas anteriores.
NON estamos de acordo en que se “salten” as listas de contratación para a oferta de nomeamentos.
FP Dual, incorporación de dúas novas ramas profesionais: Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico e biomédico, Técnico/a superior en dirección de cociña
Estes novos FP comezarán no ano 2026 con 22 prazas para cada rama profesional.
En técnico/a superior en dirección de cociña as prácticas realizaranse nos hospitais con cociña con persoal estatutario público.
CIG-Saúde esiximos que esta formación non pode supoñer unha alteración na orde de prelación das listas de selección temporal vixentes.
Pacto de Selección Temporal
Enviarán un novo borrador coas liñas principais que propón o SERGAS modificar.
O prazo de alegación das OOSS será ata o 30 de setembro e a negociación iniciarase a primeiros de outubro.
Previsións
- Concurso de méritos de difícil cobertura: o SERGAS prevé a nova adxudicación de destinos no mes de xullo e as prazas que queden desertas irán na próxima convocatoria de outubro xunto coa nova oferta de prazas de 2025.
- Convocatorias OPE: o SERGAS prevé convocar celador/a e TCAE a finais de xullo- primeiros de agosto.
- Previsión de exame de OPE das convocatorias que acaban de saír :
enfermeira/o e enfermeira especialista: o SERGAS prevé a realización do exame no primeiro semestre do 2026.
FEAs o SERGAS prevé a realización do exame a partir do segundo semestre de 2026.
Novas Relacionadas
Últimas novas