Información da mesa sectorial do 19 de outubro de 2026
- Concurso de traslados
- Especialidades de enfermería
- Mesa Sectorial
- Oposicións
- Sanidade Pública
Mesa sectorial 19 de outubro de 2026
Acordo que regula o descanso compensatorio da garda do venres.
Categorías con gardas de presenza física de 17 e/ou 24 horas, nos servizos hospitalarios:
- Con carácter xeral, o descanso será nos 15 días seguintes á garda.
- Nos centros de difícil cobertura, poderase diferir por acordo entre a persoa traballadora e a xerencia.
Inclusión no Concurso de traslados da categoría de Técnico/a especialista en dietética de cara aos traslados do 2027.
- Fan entrega do texto da convocatoria, e dase ata o 15 de novembro para alegacións.
Concurso específico de enfermeiro/a especialista en familiar e comunitaria.
O SERGAS mantén a previsión de que a convocatoria se publique a finais de decembro, antes de que remate o ano 2026.
Concurso de traslados aberto e permanente do ano 2026.
A previsión do SERGAS é que a adxudicación provisional se publique na última semana de outubro, para que as tomas de posesión sexan na primeira semana de decembro.
Concurso de méritos de estabilización de persoal médico de HADO.
CIG-Saúde denunciamos o retraso na súa resolución. O SERGAS segue sen previsión de resolución.
Concurso-oposición de persoal médico de HADO e de Técnico/a superior en PRL.
Publicarase a convocatoria destas categorías antes do 07/12/2026.
Plantillas definitivas exames OPE realizados en abril-maio de 2026
O SERGAS informa de que reunirán aos tribunais no mes de novembro para revisar as reclamacións.
Concurso de méritos de difícil cobertura
O SERGAS informa de que van dar prioridade á resolución da convocatoria de persoal médico de urxencias hospitalarias de Ourense.
A única previsión é a publicación da lista provisional de persoas admitidas e excluídas en novembro.
Acto de elección da OPE de Grupo auxiliar da función administrativa de discapacidade intelectual.
O SERGAS informa que o acto de elección será presencial, no mes de novembro.
A toma de posesión prevese para finais de ano, aínda que podería retrasarse a xaneiro.
Retribucións pola cobertura do día do exame de OPE
CIG-Saúde denunciamos un trato discriminatorio con respecto a outras categorías á hora de determinar a quen se lle paga o festivo adicional.
CIG-Saúde esiximos que o SERGAS determine o valor/hora para prestación fóra da xornada ordinaria, e que debe ser igual en todas as áreas.
O SERGAS indica que esa quenda debe recoñecerse como xornada realizada, e que enviarán o valor/hora para que se pague o mesmo en todas as áreas.
Comisión de seguimento da xornada do persoal dos PAC.
CIG-Saúde solicitamos a convocatoria para abordar a aplicación do acordo na xornada de PAC do 2026, logo de ter denunciadas incidencias no cómputo dos permisos.
Integración no réxime estatutario do persoal laboral e funcionario traspasado ao SERGAS (UCA, fundacións públicas...).
CIG-Saúde solicitamos a negociación das ordes de integración.
O SERGAS indica que queren tratalo antes de que remate o ano 2026.
Incidencia no pago do Complemento J (intersubstitución)
CIG-Saúde denunciamos o pago do Complemento J (intersubstitución) no caso de ausencias de profesionais con quenda deslizante, por non ter en conta a quenda na que se ausenta a persoa.
O SERGAS informa de que o aplicativo dende o mes de outubro xa recoñece día a día a quenda das persoas con quenda deslizante, e que entenden que resolve esa incidencia.
Matrón/a de atención primaria
O SERGAS confirma que no mes de novembro todas as prazas de matrona de atención primaria estarán encadradas na zona 3.