Información da mesa sectorial do 21 marzo 2024

  • Mesa Sectorial
  • Sanidade Pública

Concurso de méritos de estabilización de FEAs

O concurso de méritos de estabilización de FEAs estaba impugnado e paralizado polo SERGAS á espera da posible admisión dun recurso de casación ante o Tribunal Supremo.

Agora o Tribunal Supremo admite a trámite o recurso, polo que o SERGAS informa na Mesa sectorial do 22 de marzo, que continuarán co concurso de méritos para rematar antes de que acabe o ano.

Mentres tanto, o SERGAS resolve o concurso de méritos de FEAs de difícil cobertura sen que os/as profesionais saiban se tiñan posibilidade de optar ou non a unha praza nos procesos de estabilización.

CIG-Saúde xa advertira que os/as profesionais non tiñan que saír prexudicados/as desta cuestión e que non se debera limitar a súa participación nos distintos procesos selectivos.

Concurso de traslados aberto e permanente

Acórdase que se inclúa con carácter excepcional no CTAP do ano 2024 as 125 prazas de FEAs e as 60 prazas de médicos/as de urxencias hospitalarias aprobadas nos orzamentos do 2024.

Este ano 2024 farase o primeiro proceso de CTAP na categoría de FEAP. Nesta convocatoria poden participar as persoas que accederon a esta categoría no ano 2022. As prazas ás que optan son as da súa categoría, é dicir, exclusivamente a prazas de FEAP.

Volver