Información da Mesa Sectorial do 26 de xuño de 2025

Convocatorias de OPE de varias categorías

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

Único punto na orde do día: aprobación das convocatorias de OPE das categorías de enfermeiro/a, enfermeiro/a especialista e FEAS.

CIG-Saúde vota en contra da aprobación destas convocatorias ao non estimarse ningunha das alegacións
presentadas para poñer en valor a lingua galega nas convocatorias de OPE.

As persoas aspirantes que se decanten pola realización dos exames en galego seguirán a estar “sinaladas” o día da realización do exame.

CIG-Saúde esiximos que os exames do galego teñan o carácter de eliminatorio ao igual que no resto do acceso ao emprego fixo na administración galega.

Acórdase RETIRAR a puntuación COVID das convocatorias de OPE, CIG-Saúde levaba desde o 2020 en contra desta puntuación COVID e alegando a súa retirada de tódalas convocatorias.

Acéptase a creación dun grupo de traballo para analizar e homoxeneizar as convocatorias de OPE de tódalas categorías para o mes de outubro, as modificacións que se puideran acordar no se aplicarían antes das convocatorias do 2026.

Prazos de presentación de solicitudes:

o FEAS: desde a publicación en DOG (principios de xullo) ata o 30 de setembro.
o Enfermeiro/a e enfermeiro/a especialista: desde a publicación en DOG (principios de xullo) ata o 5 de setembro.


Previsións

- OPE técnicos/as afectados/as pola sentenza que valora os servizos prestados en promoción interna temporal: o día 1 de xullo publicarase en DOG a nova baremación da fase de concurso, o listado de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas e iniciarase o prazo para a entrega de documentación para aquelas persoas aspirantes que non a tiveran entregado previamente.

Prevese que o inicio do prazo de elección de destino sexa entre finais de agosto e principios de setembro.

- Concurso de méritos de difícil cobertura. Van a comezar coa segunda volta e posteriormente convocaran un novo proceso. Esta nova convocatoria deberá estar publicada antes de rematar o mes de outubro.

- OPE das categorías que acaban de realizar os exames, prevese a publicación das puntuacións provisionais no mes de xullo.

Volver