Información Mesa Sectorial. Previsións concurso de méritos, OPE, concursos específicos
- Oposicións
- Sanidade Pública
- Selección Temporal
CONCURSO DE MÉRITOS DE ESTABILIZACIÓN DE TÉCNICOS/AS
O SERGAS informa de que a Sentenza do TSXG que obriga a modificar o baremo recoñecendo os servizos prestados en promoción interna temporal no mesmo valor que o persoal temporal na categoría, vaise aplicar modificando a relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas.
O nº de persoas que se incorporarán logo da nova baremación son:
CIG-Saúde estivemos en contra da decisión do SERGAS e solicitamos que se executara a sentenza sen excluír a ningún aspirante.
OPE ESTABILIZACION
- Semana do 16 de xuño: toma de posesión de enfermeiras/as especialistas (matronas, EE Familiar e comunitaria, EE en pediatría) e resto de persoal diplomado sanitario (fisioterapeuta, logopeda e terapeuta ocupacional).
- Semana do 23 de xuño: toma de posesión da segunda volta de FEAS
- Mes de setembro:
o Enfermeira/o especialista en saúde mental: listado de persoas definitivamente seleccionadas.
o Toma de posesión da segunda volta de adxudicación de celador/a...
CONCURSO DE MÉRITOS DE DIFÍCIL COBERTURA
Farase a segunda volta de FEAS do concurso de méritos despois da 2ª volta de FEAS da OPE de estabilización.
CONCURSO ESPECÍFICO DE PERSOAL MÉDICO DE HADO
Presentan un borrador da convocatoria con 24 prazas. Temos ata o 13 de xuño para alegacións.
CONCURSO ESPECÍFICO ENFERMEIRO/A ESPECIALISTA EN XERIATRÍA
Presentan un borrador de convocatoria con 7 prazas en Vigo e 7 en Lugo. Temos ata o 13 de xuño para alegacións.
Novas Relacionadas
Últimas novas