Información comisión central de contratacións

  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

Previsións de publicación de listas. Descargar aquí PDF

NOVO PACTO DE CONTRATACIÓNS

Acórdase que as normas de xestión incluídas no novo pacto (chamamentos, suspensións, penalizacións, mellora de contrato, áreas especiais...) serán de aplicación nas distintas categorías segundo se vaian publicando no 2027 as listas definitivas da actualización do 2026.

DATA DE INSCRICIÓN EN LISTAS DO ANO 2026

Con carácter excepcional acórdase a modificación da data de inscrición e de valoración de méritos para a actualización do ano 2026.

TODAS AS CATEGORÍAS terán como data límite de inscrición o 31 de outubro, e valoraranse todos os méritos causados ata o 15 de outubro de 2026.

PROBA TEÓRICA DO GRUPO TÉCNICO E GRUPO DE XESTIÓN DE SISTEMAS E TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN

Categoría

Empresa

Lugar do posto

Nº de prazas

TÉCNICO/A SUPERIOR DE SISTEMAS E TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN

A.S. OURENSE, VERIN E O BARCO

Ourense

1 IPV

Ourense

1 SD

Ourense

1 SUBST

A.S. PONTEVEDRA E O SALNÉS

Pontevedra

4 IPV

Servizos Centrais

1 SD

A.S. SANTIAGO E BARBANZA

Servizos Centrais

2 SD

Santiago

1 SUBST

Santiago

1 SD

TÉCNICO/A XESTIÓN DE SISTEMAS E TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN

A.S. FERROL

Ferrol

1 IPV

Ferrol

1 SUBST

A.S. LUGO, A MARIÑA E MONFORTE

Lugo

1 SUBST

A.S. OURENSE, VERIN E O BARCO

Ourense

1 IPV

A.S. PONTEVEDRA E O SALNÉS

Pontevedra

1 IPV

A.S. VIGO

Pontevedra

2 IPV

Vigo

1 SUBST

IPV: interinidade praza vacante; SUBST: Substitución longa duración; SD: Servizo determinado

Estarán exentas da realización da proba:

  • As persoas que dispoñan das titulacións específicas para o acceso a estas categorías.
  • As persoas que superaran a fase de oposición de algunha dos últimos dous concurso-oposición da categoría.

Unicamente serán notificadas as persoas aspirantes que teñan que realizar a proba teórica. A convocatoria publicarase esta semana. A proba realizarase o día 30 de xuño.

Os chamamentos realizaranse centralizados dende Servizos Centrais do SERGAS.

Volver