Información da comisión de carreira profesional do 21 de xullo
- Carreira profesional
- Sanidade Pública
Proposta de solicitude de un novo encadre en función dos anos traballados.
CIG-Saúde solicitamos que se abra a negociación dun novo encadre que sitúe a cada quen no grao que lle corresponda por experiencia profesional. Logo de insistir, quedouse en presentar unha proposta modulada de encadramento.
Proposta de que o tempo de residencia compute a efectos de permanencia.
CIG-Saúde solicitamos que se amplíe de 1 a 2 os anos a computar o tempo de residencia a efectos de permanencia na carreira profesional. Con isto computaríanse os 2 anos ás EIR, e nas residencias de 3 e 4 anos computarían tamén 2 anos.
Quedou pendente de facer o SERGAS unha proposta na seguinte comisión de carreira.
Proposta de que o grao inicial sexa de oficio.
CIG-Saúde solicitamos que o acceso ao grao inicial sexa de oficio posto que non implica ningunha valoración, quedando os graos I a IV a que teñan que solicitarse voluntariamente por parte da persoa interesada.
Quedou pendente o SERGAS de traer unha proposta á seguinte comisión de carreira.
Outros temas.
CIG-Saúde solicitamos unha puntuación en compromiso coa organización para as profesionais que acollan a persoas con discapacidade intelectual. Queda pendente valorar unha proposta para a seguinte mesa.
CIG-Saúde solicitamos que en compromiso coa organización, que se valore ás persoas que poidan acreditar que acolleron a profesionais de nova incorporación. Acórdase definir a acollida, como se acredita e modular como se puntúa. Queda pendente para a próxima comisión.
CIG-Saúde solicitamos que os servizos prestados en centros da UE se contabilicen para o cómputo da permanencia. O SERGAS contesta que a día de hoxe non están contando ese tempo.
CIG-Saúde solicitamos un proceso de integración para o persoal laboral e funcionario do SERGAS, que ten recoñecido un grao de carreira pero non teñen opción de integrarse para poder percibir o complemento de carreira.
CIG-Saúde solicitamos regularización económica dos graos I e II do proceso extraordinario de fundacións que quedaron cun valor inferior ao do resto de traballadores/as do SERGAS cando na crise económica se suspenderon os acordos.