Lista de admitidas/os e excluídas/os no concurso de traslados aberto e permanente 2026
Concurso de traslados aberto e permanente 2026
- Concurso de traslados
- Sanidade Pública
Preme na seguinte ligazón para consultar as listas:
Concurso de traslados aberto e permanente 2026 - Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
RESOLVE:
Primeiro. Aprobar e publicar a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas no ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2026 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos.
Segundo. Declarar resolto provisionalmente o citado ciclo de adxudicación, coa publicación das puntuacións provisionais e dos destinos provisionalmente asignados.
Terceiro. Contra a resolución definitiva de persoas admitidas e excluídas, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación.
Cuarto. Contra esta resolución provisional do ciclo de adxudicación, de conformidade coa base oitava da Resolución do 20 de novembro de 2017, e por razóns de urxencia, de acordo coa habilitación prevista no punto primeiro da Resolución do 25 de abril de 2023 desta dirección xeral de recursos humanos, as persoas concursantes disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, ( dende o 30/10 o 12/11) contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para formular reclamación contra os resultados da baremación e adxudicación provisionais.
As reclamacións deberán presentarse nun rexistro administrativo ou en calquera dos rexistros ou lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberán dirixirse a esta dirección xeral de recursos humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.