Listas definitivas de selección temporal de varias categorías
Publicado hoxe en DOG
- Selección Temporal
Apróbase a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia nas categorías de:
- dietista-nutricionista,
- facultativo/a especialista de área de medicina do traballo,
- facultativo/a especialista de área de psicoloxía clínica,
- farmacéutico/a de atención primaria,
- fisioterapeuta,
- logopeda,
- odontólogo/a de atención primaria,
- terapeuta ocupacional e
- traballador/a social.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Novas Relacionadas
Últimas novas