Listas provisionais de contratación de diversas categorías

Enfermeiro/a, enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

  • Oposicións

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

Publícase a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización periódica das listas de selección temporal elaboradas ao abeiro do Pacto do 13 de xuño de 2016 nas categorías de enfermeiro/a, enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.

As listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as, coa asignación aos primeiros da puntuación e a orde de prelación provisionais acadadas, están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Contra a resolución provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación, as persoas interesadas poderán presentar reclamación, ante as xerencias das áreas sanitarias e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

 

Volver