Mesa sectorial de sanidade do 13 de novembro

  • Sanidade Pública

1.- Concurso de traslados aberto e permanente.

Apróbase por unanimidade de todos os sindicatos a proposta de acordo para a resolución do concurso de traslados do ano 2020 coas seguintes medidas excepcionais:

  • Incorporación ao destino adxudicado ao día seguinte ao cesamento, demorándose o desfrute do prazo posesorio correspondente en función das necesidades asistenciais, salvo que as xerencias permitan o seu desfrute total ou parcial.
  • En casos excepcionais poderase demorar de forma motivada o cesamento no centro de orixe, durante o estado de alarma, con efectos administrativos do 1º día do prazo de posesión.
  • Medida excepcional de mobilidade xeográfica.

Está prevista a publicación da Resolución definitiva na ultima semana de novembro.

2.- Posto de coordinadorxs de Técnicos Superiores Sanitarios.

Ficou aprobado o texto definitivo que o SERGAS enviou hoxe coas alegacións incorporadas.

Para CIG-Saúde o máis importante é que, despois de 17 anos de asinar ao acordo do 2003, este se desenvolve.

A dotación recollida no acordo é de 30 prazas, deixando a porta aberta á creación de nova prazas e en novos servizos.

A Administración aceptou a nosa alegación de crear un novo código orzamentario específico para estes postos de coordinación, mais a negociación dos conceptos económicos quedará posposta para o 2022.

3.- Plan de continxencias COVID.

Lamentablemente, o SERGAS non quer modificar as condicións de precariedade laboral. No referente á contratación van repetir a mesma situación que que se produciu no mes de marzo e seguintes.

Contrato eventual por emerxencia sanitaria de 4 ou 6 meses

  • Vai ser ofertado preferentemente á categoría de enfermeira. CIG-Saúde solicitamos que este contrato se aplicase en todas as categorías.
  • Estes contratos, poden ser ampliados polas xerencias máis aló dos 180 días, sen respectar a orde de puntuación nas listas.
  • Con estes contratos poderanse cubrir, ademais dos reforzos por necesidades COVID, ausencias de persoal. CIG-Saúde rexeitamos isto porque a mobilidade do persoal entre servizos e unidades favorece que o persoal do SERGAS actúe como posible vector de transmisión.

Contrato de continuidade por emerxencia sanitaria de 12 meses

  • Retiran do plano de continxencias a oferta de 150 contratos de continuidade para enfermeiras.
  • Isto xa estaba previamente acordado cos sindicatos asinantes deste contrato de continuidade, e así se vai aplicar.

Puntuación adicional para as listas de contratación.

Como non estaba claro en que supostos e a que persoas se lles ía conceder esta puntuación, aceptaron a alegación de CIG-Saúde e tratarase a semana próxima nunha reunión da comisión central de pacto de selección temporal.

Carreira profesional.

CIG-Saúde solicitamos unha diminución do tempo de permanencia para acceder ao seguinte grao para as persoas que estivo traballando durante a emerxencia sanitaria.

A Administración só aceptou negociar na comisión de seguimento do acordo de carreira unha puntuación no baremo da carreira ordinaria.

CIG-Saúde preguntamos pola convocatoria da carreira profesional para o ano 2020, e a Administración continúa á espera da autorización nos orzamentos da Xunta.

4.- Cronograma de exames de OPE.

Neste ano non hai previsto realizar ningún exame de OPE, para o próximo ano xa dirán.

Volver