Mesa sectorial de sanidade do 14 de xullo de 2021
Persoal investigador
- Mesa Sectorial
- Sanidade Pública
CIG-SAÚDE congratúlase de que por fin o persoal investigador do SERGAS perciba unha parte das retribucións que lles corresponde.
Na mesa sectorial do SERGAS celebrada o día 14 de xullo de 2021, a Directora de RRHH aceptou a actualización do código orzamentario do persoal investigador, para que a partir de agora perciba as retribucións actualizadas do programa Miguel Servet, isto vaise incorporar na orde de confección de nóminas que se aprobe.
Para este colectivo de persoal investigador vinculado ao SERGAS con contratos temporais, algún deles desde fai 20 anos, supón que as súas retribucións pasarán a ser de 48.302 € ao ano.
O SERGAS non confirmou se esta retribución vai ser desde o 1 de xullo, ou desde o 1 de agosto de 2021.
CIG-SAÚDE solicitamos unha equiparación salarial a todos os efectos, e que as retribucións que se deberan tomar como referencia para este colectivo son as do persoal licenciado sanitario.
Agora, o SERGAS accede parcialmente á demanda profesional e sindical da CIG-SAÚDE que viñemos defendendo desde o ano 2015.
Para a CIG-SAÚDE este recoñecemento salarial é o primeiro paso para acadar a consolidación deste persoal como persoal estatutario fixo no ámbito do SERGAS.Unha vez feito o recoñecemento salarial, cumpre seguir traballando para que o SERGAS cree a categoría estatutaria de persoal investigador, e se proceda á estabilidade destes postos de traballo; tal e como se fai co resto de persoal de todas as categorías que compoñen o cadro de persoal do SERGAS.
Novas Relacionadas
Últimas novas