Mesa sectorial do 23 de xuño de 2026
Concurso específico, CTAP, OPE e outros temas
- Concurso de traslados
- Especialidades de enfermería
- Mesa Sectorial
- Oposicións
- Sanidade Pública
Concurso específico Enfermería Familiar e Comunitaria
Logo das alegacións presentadas onde denunciamos que faltaban 47 prazas de enfermeiras/os con título de especialista de familiar e comunitaria, o SERGAS acepta abrir un prazo para que as persoas que non teñan rexistrado o título de especialista no FIDES o fagan.
É moi importante que todas as persoas que dispoñan do título de especialista de familiar e comunitaria, actualicen o seu expedient-e, para poder identificar as prazas a convocar no concurso específico.
No mes de xullo publicarase no DOG un anuncio para que se faga esa actualización, e darase de prazo ata o 31 de xullo.
Unha vez rematado o Concurso de traslados aberto e permanente do 2026, volveranse a contabilizar as prazas a convocar neste concurso específico. Isto supón un retraso na convocatoria que probablemente será en decembro.
CIG-Saúde denunciamos a intencionalidade de algunha área de modificar as quendas das persoas que participen no concurso específico, e que non o aceptamos.
Concurso de traslados aberto e permanente
Apróbase a modificación das bases por unanimidade do CTAP, que terá efectos a partir do ano 2027.
- En cada ciclo anual teranse en conta as solicitudes rexistradas ata o 15 de febreiro.
- Os méritos a valorar serán os causados ata o 15 de xaneiro e rexistrados no FIDES ata o 15 de febreiro.
CIG-Saúde seguimos insistindo na retirada do requisito de un ano para poder participar no CTAP.
OPE
- 6 de xullo: Publicarase no DOG a resolución para que as categorías que fixeron o exame en maio do 2025, excepto Grupo auxiliar da función administrativa (quenda discapacidade intelectual), que comecen a elixir destino.
Está pendente de definir coas áreas que prazas se ofertan na categorías de Grupo auxiliar da función administrativa (quenda discapacidade intelectual), antes da elección de destino.
Haberá un prazo de 10 días hábiles para escoller destino de forma telemática no FIDES.
- As tomas de posesión terán lugar no mes de agosto en todas as categorías, excepto en Técnico/a superior de Laboratorio que será en setembro.
Unidade de Apoio á Atención Primaria
CIG-Saúde demandamos coñecer as condicións laborais e retributivas destas unidades, máis claridade sobre as funcións, dotación e vinculación do persoal, e de quen dependen organicamente.
Regulación de criterios e condicións de acceso ao cobro do CPV (obxectivos)
CIG-Saúde solicitamos que se negocien na mesa sectorial as condicións de acceso ao CPV co obxectivo de evitar desigualdades na aplicación de criterios entre distintas áreas, especialmente no que respecta ao persoal temporal.
Posta en marcha da Unidade de Radioterapia na área de Pontevedra
CIG-Saúde esiximos explicacións sobre o atraso na apertura desta unidade (anunciada para 2024 e aínda sen funcionar en 2026), o que está a provocar unha sobrecarga na unidade de Vigo e derivacións á privada.
Técnicos/as superiores en Documentación Sanitaria
CIG-Saúde solicitamos unha aposta real por esta categoría, o que inclúe un incremento de prazas, para mellorar a calidade da codificación e o traballo tanto en hospitais como en primaria.
Grupo de traballo de Enfermaría
CIG-Saúde reclamamos a creación deste grupo para abordar a falta de profesionais, a implantación de especialidades e as ratios de persoal nos hospitais, denunciando unha gran disparidade entre áreas e unha forte sobrecarga laboral.