Nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo ás persoas aspirantes seleccionadas no concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria
Concurso-oposición, na categoría de médico/a de familia de atención primaria
- Oposicións
RESOLVE:
Nomear como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde, na categoría de médico/a de familia de atención primaria, as persoas aspirantes seleccionadas que se inclúen no anexo I desta resolución.
Así mesmo, adxudicarlles ás ditas persoas aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza que se especifica no indicado anexo.
As persoas aspirantes nomeadas disporán do prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada. Para estes efectos, a toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión ao cal pertenza esta.
A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable á persoa interesada e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento no seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo.
No entanto, en casos de forza maior, e por instancia da persoa interesada, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión. A incorporación ás prazas adxudicadas comportará o cesamento do persoal temporal que, se é o caso, as ocupe, de acordo cos criterios de incorporación e cesamento vixentes.
Sen prexuízo da declaración de finalización do proceso selectivo realizado no punto terceiro desta resolución, de conformidade coa base 10.4 da resolución de convocatoria, co fin de asegurar a cobertura das prazas convocadas, no suposto de situacións en que as persoas seleccionadas, por diversos motivos, non continúen no proceso, cubrirase a baixa coa persoa aspirante incluída inmediatamente a continuación na relación de seleccionadas, pola orde de prelación que resulte da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso.
Novas Relacionadas
Últimas novas