Nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo ás persoas aspirantes seleccionadas no concurso para o ingreso na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias.

Concurso-oposición, na categoría de médico/a de familia de atención primaria

  • Oposicións

RESOLVE:

Coa finalidade de asegurar a cobertura das prazas convocadas neste proceso selectivo, e segundo o establecido na base 10.3 da resolución de convocatoria realizouse a oferta das prazas que resultaron vacantes na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias ás persoas aspirantes incluídas inmediatamente a seguir pola orde de prelación que resultou da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso.

Nomear como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias as persoas aspirantes que se inclúen no anexo I desta resolución.

Adxudicarlles a estas persoas aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza que figura no referido anexo I.

Declarar finalizado o proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o ingreso na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias, convocado pola Resolución do 11 de maio de 2023.

Este concurso de méritos tramitouse en execución da Lei 2/2022, do 6 de outubro, de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario, e a dita lei, como figura na súa parte expositiva, inclúe no seu artigo 2 unhas garantías para que o persoal seleccionado «se incorpore e permaneza varios anos no desempeño efectivo dos postos adxudicados».

Polo tanto, en cumprimento do que dispón ese artigo 2 e a convocatoria deste concurso de méritos:

a) Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse de modo efectivo e permanente ao servizo activo no destino elixido e adxudicado.

  De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e a prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, as persoas aspirantes seleccionadas deberán realizar, con carácter obrigatorio, e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo no Diario Oficial de Galicia, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero que recolle o artigo 157 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.

Non terán que realizar esta actividade formativa as persoas aspirantes seleccionadas que a realizasen con anterioridade, se consta rexistrada en Fides/expedient-e e foi debidamente validada.

Sétimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

 

Volver